XV Congreso Nacional de Educación Comparada
Data inicial
Data final
Lugar
Sevilla
Cidadanía mundial e educación para o desenvolvemento. Unha mirada internacional
A Sociedade Española de Educación Comparada e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla organizan este congreso no que se pretende contribuír á formación de profesionais e cidadáns comprometidos co desenvolvemento humano e sustentable, que é o que busca actualmente a Educación para o Desenvolvemento baixo o modelo de Educación para a Cidadanía Mundial.
Neste congreso vanse compartir algunhas reflexións sobre os avances e retrocesos nesta materia, analizar os retos de futuro e recoller algunhas propostas sobre que facer desde o ámbito universitario e como cidadáns e cidadás para a loita contra a inequidade, buscando o codesenvolvemento e a sustentabilidade dun planeta que nos pertence a todos. Os obxectivos que se propoñen son:
- Crear un espazo de reflexión e debate desde a Educación Comparada sobre a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Mundial.
- Debater sobre cuestións metodolóxicas en Educación Comparada.
- Favorecer a transferencia de coñecemento e o establecemento de redes entre investigadores/as de universidades de Europa e Iberoamérica.
- Profundar nos diferentes contextos e ámbitos de intervención e investigación pertencentes á Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Mundial.