Xornadas Xosé Calviño
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
A educación das persoas adultas, análise e perspectivas
A aprendizaxe ao longo da vida obriga a situar a formación das persoas adultas e colectivos específicos no centro das políticas formativas. Nestas Xornadas pedagóxicas, que se celebrarán no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, do 26 ao 28 de abril, realizarase unha análise das necesidades formativas deste colectivo, as súas perspectivas de futuro así como os cambios necesarios na educación de adultos para mellorar a súa inserción no mundo laboral.
A data límite de inscrición é o 18 de abril. A inscrición realízase a través de FPROFE (código da actividade: S1502041).