Xornadas sobre Aspectos Lúdicos na Ensinanza de Linguas Estranxeiras/Segundas Linguas
Organizadas pola Universidade de Castela-A Mancha (Departamentos de Filoloxía Moderna e Filoloxía Hispánica) celebraranse en Toledo os días 25 e 26 de abril de 2013 as Xornadas sobre Aspectos Lúdicos na Ensinanza de Linguas Estranxeiras/Segundas Linguas
A temática do congreso engloba tanto propostas teóricas sobre o lúdico na clase de idiomas como experiencias prácticas levadas a cabo na aula en calquera nivel educativo.
Aínda que a temática das comunicacións non exclúe ningunha segunda lingua/lingua estranxeira, os idiomas oficiais do congreso e, polo tanto, das comunicacións serán español, francés e inglés.
Destinatarios:
Docentes de linguas estranxeiras/segundas linguas nos distintos ámbitos académicos (educación infantil e primaria, educación secundaria, bacharelato, escola oficial de idiomas, universidade, centros de ensino de idiomas), investigadores, alumnado de máster ou doutoramento.
Toda a información na web