O grupo de igualdade do IES Luis Seoane (Pontevedra), NeoFem Luis Seoane, organiza un acto aberto aos centros de ensino do Concello de Pontevedra e a persoas particulares. O programa da actividade conta coa participación de Amelia Tiganus (coordinadora da plataforma Feminicidio.net), Towanda Rebels (activistas feministas) e Esther García (membro da asociación XTodas).
O evento celebrarase no Teatro Principal de Pontevedra o xoves 7 de febreiro de 2019, de 10.00h a 13.30h.
Para máis información, pódese contactar co grupo a través do seguinte correo: neofemluisseoane [at] gmail.com (neofemluisseoane[at]gmail[dot]com).