Xornadas pedagóxicas Xosé Calviño
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
O ensino do portugués no ensino medio galego
O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e o IES Xelmírez I de Santiago de Compostela organizan, do 4 ao 6 de abril, estas Xornadas, co propósito de intercambiar experiencias didácticas e profundar no coñecemento da actualidade cultural e lingüística portuguesa. Entre os contidos que se tratarán, ao longo das 12 horas nas que se desenvolve o evento, están os seguintes:
- Desenvolvemento das competencias en lingua portuguesa.
- Política de linguas e estratexias para o estudo do portugués.
- Proxectos educativos en lingua portuguesa.
A data límite de inscrición (a través de fprofe, referencia S1602040) remata o 27 de marzo de 2017.