Xornadas para o fomento das vocacións STEM en Galicia
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
O venres 26 de febreiro de 2016 celebraranse no CIFP Compostela en Santiago de Compostela as "Xornadas para o fomento das vocacións STEM en Galicia" destinada a profesorado de educación primaria e secundaria de Galicia interesado en traballar ferramentas que motiven ao alumnado cara a posteriores estudos de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas, ademais de dar unha visión sobre a metodoloxía para o fomento destas vocacións.
As iniciativas que se mostrarán nesta xornada serán:
- Desafío STEM (Competición da Fundación Telefónica)
- Obradoiros sobre Arduino, Scratch e Realidade virtual
- Actividades de motivación en competencias STEM
- Exposición de propostas para realizar co alumnado na aula
Para apuntarse pódese acceder a Fprofe co código da actividade G1502028.