Desfacendo a RAIA XIV, os movementos migratorios na LIX
GÁLIX, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, desenvolve as xornadas "Desfacendo a RAIA XIV, os movementos migratorios na LIX" na que estarán presentes recoñecidos profesionais do mundo do libro, da creación, da tradución, da ilustración, da investigación literaria e da edición.
O lugar de celebración será o salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, de Santiago de Compostela, os días 29 e 30 de xaneiro, e 5 de febreiro de 2025, de 17.00 h a 20.00 hata completar aforo.