ANPE organiza os días 22 e 23 de outubro estas xornadas, de carácter exclusivamente virtual, co fin de coñecer e revisar algúns dos elementos que formarán parte do futuro educativo.
Os obxectivos que se perseguen son:
- Apoiar e impulsar ao profesorado na implementación de tecnoloxías dixitais nos procesos de ensino-aprendizaxe.
- Reflexionar sobre diferentes propostas metodolóxicas que poden servir para a integración das tecnoloxías no ensino.
- Mostrar experiencias de boas prácticas con tecnoloxía dixital.