Xornada Educación Dixital
O sábado 21 de abril celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Educación Dixital na que terán cabida conferencias, experiencias de centros, obradoiros, laboratorio de ideas... Os obxectivos que se pretenden acadar son:
- Promover o intercambio de experiencias e boas prácticas con tecnoloxía dixital.
- Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado na aplicación das tecnoloxías dixitais aos procesos de ensino-aprendizaxe.
- Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías na aula e nos centros educativos.
- Visibilizar as boas prácticas de centros educativos da nosa comunidade.
A data límite de inscrición é o 20 de marzo de 2018. Inscrición en fprofe (código G1702007)