Xornada de prevención e intervención ante o acoso e ciberacoso escolar
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) e a Asociación Galega contra o Acoso Moral (AGACAM) en colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU-USC), o grupo Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario (PSI-COM) e a Asociación No al Acoso organizan o vindeiro 10 de novembro esta Xornada que se celebrará na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela.
As persoas destinatarias son profesionais que desempeñen o seu traballo no eido da infancia/adolescencia desde diferentes ámbitos: o traballo social, a psicoloxía, a educación, a socioloxía, a educación social, persoal sanitario etc, alumnado e familias.
O prazo de inscrición remata o 8 de novembro.