A Asociación Pedagóxica Galega (ASPG) organiza as XIX Xornadas de Educación Infantil co obxectivo de vincular a Educación 0-6 ao pensamento pedagóxico máis avanzado e artellar un plano de traballo capaz de superar a dualidade atención/educación, apostando claramente por dotar de fins educativos toda a etapa. Entre os temas que se tratarán están os traballos por proxectos e a importancia darelaxación a través da psicomotricidade.
O evento celebrarase o sábado 12 de marzo de 2016 no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.