Unha educación libre de estereotipos de xénero, ferramentas e experiencias educativas para a prevención da violencia de xénero
A Secretaría Xeral de Igualdade promove o XIX Foro Galego de Educación en Igualdade, que este ano terá como temática "Ferramentas e experiencias educativas para a prevención da violencia de xénero". A actividade celebrarase na sede da EGAP os días 6 e 7 de abril, cunha duración de 12 horas presenciais. Disporase dun servizo de atención de menores de máis de 12 meses baixo demanda.
Esta actividade formativa está dispoñible a través de FPROFE(cód. G1714004).