XI Congreso Internacional sobre o ensino da EF e o deporte escolar
Organizado pola Federación Española de Asociacións de Docentes de Educación Física (FEADEF), celebrarase, en Chiclana da Frontera e Campus de Puerto Real (Cádiz) do 3 ao 6 de setembro, este foro de debate co fin de facer confluír criterios, analizar problemáticas e establecer vías de colaboración coas institucións. Nesta edición o tema central será "Centros escolares e municipios promotores dunha vida activa e saudable para previr e intervir no sedentarismo e a obesidade", sobre o que se realizarán conferencias e obradoiros dirixidos a docentes e a todas as persoas interesadas na educación física e o deporte.
O Congreso estará estruturado nas seguintes áreas temáticas:
- Hábitos saudables e estilos de vida activos.
- O sedentarismo e a obesidade infantil.
- O deporte escolar.
- Actividade físico-deportiva no medio natural.
- Actividades físico-deportivas-recreativas.
- Competencias profesionais.
- Aspectos metodolóxicos do ensino da Educación Física.
- Formación inicial e permanente do docente de Educación Física.
O prazo de inscrición remata o 1 de setembro.
Máis información nesta ligazón.