Organizado pola Universidade de Barcelona, o Grup de Recerca en Orientació Psicopedagògica (GROP) e o ICE da Universidade de Barcelona, celebraranse no Paraninfo do Edificio Histórico desta Universidade, os días 4, 5 e 6 de abril, as X Xornadas de Educación emocional baixo o lema "Psicoloxía positiva e benestar".
O obxectivo é afondar e difundir os coñecementos sobre a finalidade da educación emocional que é contribuír ao benestar persoal e social.