O Seminario de Onomástica organiza un ano máis as xornadas sobre os nomes propios coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, nesta ocasión ollando cara aos preto de 1.500 quilómetros de litoral cos que conta Galicia.
O encontro, que se desenvolverá o sábado 4 de outubro no Museo de Pontevedra, está aberto a todo o público e afondará na riqueza da microtoponimia das terras ribeiregas e mais nos nomes das áreas mergulladas, as realidades invisibles dos fondos mariños.