A Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática AGAPEMA vén de convocar o X Congreso de Educación Matemática “25 anos tecendo redes” para educación infantil, primaria e secundaria.
Celebrarase os días 17 e 18 de outubro de 2025 na Facultade de Formación do Profesorado en Lugo.
Nesta evento, no que se fomenta a colaboración interxeracional e de distintos niveis de formación, profesoras e profesores de todos os niveis buscan enriquecer o labor docente co intercambio de ideas entre iguais, afondando no coñecemento sobre o proceso de ensino e aprendizaxe das matemáticas.