VII seminario-obradoiro internacional de avaliación de materiais didácticos
O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, nesta VII edición, procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual. Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (reglado ou non). Preténdese ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.
Obxectivos de avaliación:
- Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos.
- Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación.
- Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto.
- Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas
A duración do seminario é de 12 horas. Está solicitada a homologación como actividade de formación do profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.