VI Seminario sobre a Memoria
Data inicial
Data final
Lugar
Rianxo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Mondoñedo e Lourenzá
O exilio, a muller e a guerrilla: o Gardarríos
A asociación Nova Escola Galega convoca o VI Seminario sobre a Memoria, unha proposta didáctica para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno do exilio, a muller e a guerrilla antifranquista que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Celebrarase mediante sesións plenarias e traballo de campo nos concellos de Rianxo, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Mondoñedo e Lourenzá os días 8, 9 e 10 de maio.
Máis información e inscricións nesta LIGAZÓN