VI Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía
Organizado polo Grupo de Investigación Tradución & Paratraducción (T&P) da Universidade de Vigo, o congreso techLING2021-UVigo-T&P é un evento científico internacional dedicado ás sinerxías entre as linguas e o seu coñecemento científico, a lingüística, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais, por outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, no ensino e no tratamento de linguas.
Dirixido a: profesorado, persoal investigador e estudantes de segundo e terceiro ciclo da área da lingüística aplicada á tradución e interpretación, o ensino e o tratamento informático de linguas, profesorado de linguas estranxeiras, profesionais da tradución, a interpretación, a revisión, a corrección, a postedición, o subtitulado, a dobraxe, a terminoloxía, a lexicografía, así como persoas do mundo empresarial interesadas en cuestións lingüísticas e comunicación internacional.
Os eixes nos que se centrará o congreso son:
- A tecnoloxía aplicada á tradución e á interpretación
- A tecnoloxía aplicada ao ensino das linguas
- A tecnoloxía aplicada ao tratamento automático das linguas