Unha ventá a formas complementarias no ensino a través das Artes
Data inicial
Data final
Lugar
Lugo
Conferencia de Laura Sarasola
Dentro do seu ciclo Educación s. XXI, Afundación organiza esta conferencia na que Laura Sarasola Pontón, actriz e directora teatral, diplomada como mestra de Educación Primaria e membro de Caramuxo Teatro, fará unha exposición das razóns polas que o teatro é unha ferramenta poderosa no proceso educativo. A conferencia convértese nunha proposta para invitar os docentes a utilizar recursos artísticos e conseguir unha aprendizaxe construtiva garantindo a atención.
O evento celebrarase na Sede Afundación Lugo o xoves 28 de novembro ás 19.00h.
Entrada gratuíta ata encher o aforo.
Inscrición en Ataquilla.
palabras clave