Tribos emocionalmente intelixentes
Un vínculo emocional de calidade entre mestre e alumno é clave nun bo proceso de aprendizaxe. É posible ensinarlles non só a ser academicamente competentes, senón tamén facilitarlles unha aprendizaxe para a vida: xestionar as súas emocións, relacionarse cos outros, tomar decisións, diferenciarse do grupo con tolerancia e respecto aos outros, tomar un rol activo, buscar solucións, propoñer retos e resolver problemas.
Neste módulo dirixido ao profesorado facilitaranse pautas, técnicas e estratexias para adquirir e desenvolver habilidades que permitan ao profesorado aprender a ser xestor e modelo de xestión de emocións na aula.
O programa desenvolverase os días 7, 14, 21 e 28 de abril, e 5 de maio, de 17 a 21 horas, na sede da Fundación María José Jove (A Coruña).
Este curso está incluído dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado 2015/16 do CFR da Coruña (código da actividdae C1501068).