Tribos emocionalmente intelixentes
Data inicial
Data final
Lugar
A Coruña
II edición
Tras o éxito do ano pasado, a Fundación María José Jove pon en marcha, na súa sede da Coruña, a II edición de Tribos emocionalmente intelixentes, un novo programa de educación das emocións para familias, menores e docentes. Impártese coa colaboración do Centro de Formación e Recursos da Coruña pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A actividade é gratuíta previa inscrición e as prazas son limitadas.
Os obxectivos que se pretende acadar nesta actividade son:
- Facilitar recursos ás familias para axudalas no desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
- Ensinar aos nenos e nenas e adolescentes a xestionar as súas emocións.
- Potenciar no profesorado habilidades para xestionar as emocións na aula.
As datas de celebración para o profesorado son: 9, 16, 23, 30 de marzo e 3 de abril, de 17h a 21h.