Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Curso organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados), no marco do convenio de colaboración entre ambas institucións. O obxectivo é achegar a todo o profesorado de ensino non universitario galego o coñecemento do TDAH desde varias perspectivas: aspectos clínicos, manexo na aula, dificultades específicas en lectura e escritura e prevención de accidentes comúns. Ademais, preténdese dar a coñecer o Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.
Os cursos celebraranse nos Centros de Formación e Recursos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra coa seguinte temporización: unha sesión semanal pola tarde de 4 horas de duración, do 5 ao 30 de outubro.
A inscrición realizarase en fprofe e as prazas asignaranse por rigoroso orde de inscrición.