TICez des hyperliens d’amitié interculturelle: l’affecti-FLE!
A APFG (Asociación de Profesores de Francés de Galicia), coa colaboración da Embaixada de Francia en España, anuncia a celebración da XXVIIIª edición das súas Xornadas Pedagóxicas tituladas "TICez des hyperliens d’amitié interculturelle: l’affecti-FLE!", que terán lugar os vindeiros días 6 (de 16:45 a 21:00 h.) e 7 de xuño de 2014 (de 10:00 a 20:30 h.) no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela.
A través de conferencias e de diversos obradoiros de experiencias pedagóxicas, o programa terá como eixe a interculturalidade, a dimensión afectiva na didáctica do Francés Lingua Estranxeira e a contribución das TIC na mellora da competencia lingüística en francés. Dedicarase un lugar especial aos intercambios escolares presentando os resultados do Proxecto Comenius Regio “Échangeons notre échange scolaire!”.
Haberá actividades “audiovisuais” e intervencións artísticas “en français” por parte do alumnado. Ademais terá lugar a exposición de traballos elaborados polo alumnado de francés de toda Galicia no marco do concurso “Affiche ton français! 2014”.
Máis información na web da APFG