Talento 3.0: Formación do profesorado no desenvolvemento do talento
Data inicial
Data final
Lugar
Vigo
Fase de divulgación
Este proxecto, organizado pola Fundación Barrié coa colaboración da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está destinado á mellora da formación do profesorado (Infantil, Primaria, Secundaria e Orientación) na detección e educación dos talentos do alumnado co fin de optimizar o seu desenvolvemento nas aulas.
Na súa fase de divulgación, impartiranse conferencias en diversas cidades de Galicia co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a necesidade da detección e atención dos talentos dos nenos e nenas na aula.
As cidades, días e sedes onde terán lugar son:
- Vigo: 25 de maio, 18:00 h. na sede da Fundación Barrié. Convidados: Óscar Pereiro e Terio Carrera.
- Lugo: 26 de maio, 18:00 h. no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación. Convidados: Estívaliz Veiga e Antonio Mourelo.
- Ourense: 2 de xuño, 18:00 h. no Salón de actos do Colexio Maristas. Convidados: Daniel Minimalia e Ramón Conde.
- Santiago de Compostela: 3 de xuño, 18:00 h. no Salón de actos da Facultade de Psicoloxía (USC). Convidados: Jorge Mira e María Soler.
A actividade está dirixida a todas as persoas interesadas, previa inscrición.