Simposio Internacional de linguas e variedades lingüísticas ameazadas na Península Ibérica
Data inicial
Data final
Lugar
Lisboa
LAPI 2019
Con motivo da celebración do Ano Internacional das Linguas Indíxenas, o CIDLeS (Centro Interdisciplinario de Documentación Lingüística e Social), en colaboración co SOAS World Languages Institute e o proxecto FRONTESPO (Universidade de Alcalá), organizan este simposio co obxectivo de incentivar a discusión interdisciplinar e divulgar o traballo con linguas e variedades lingüísticas ameazadas na península ibérica.
O evento celebrarase os días 4 e 5 de xullo no Centro de Innovación da Mouraría de Lisboa.