O Instituto da Lingua Galega, coa colaboración do Consello da Cultura Galega, organiza na Facultade de Filoloxía da USC este simposio, cuxo obxectivo é o estudo da antroponimia, principalmente en relación coa lexicografía. Articúlase sobre dous eixes principais. En primeiro lugar, presentaránselles a diversos autores de dicionarios europeos de nomes ou apelidos cuestións comúns do tratamento lexicográfico da antroponimia. No segundo dos eixes, trataranse temas específicos sobre os nomes e os apelidos galegos.