A Sociedade Española de Lingüística, entidade científica e non lucrativa que agrupa sen limitacións a estudiosos que traballan en todos os dominios da linguaxe e das linguas, celebra no Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC (Madrid), do 24 ao 27 de xaneiro de 2017, o seu XLVI simposio que reunirá especialistas nos diferentes campos relacionados coa linguaxe. Algúns dos temas que se tratarán serán:
Organización informativa do discurso
Perífrasis verbais e verbos auxiliares en español
A variación sintáctica dialectal: descrición e análise