Roteiro literario por Galicia da man de Federico García Lorca
Data inicial
Data final
Lugar
A Coruña, Lugo e Santiago de Compostela
O Departamento de Linguas do CAFI pon en marcha unha nova actividade que, baixo o título de Roteiro Federico García Lorca en Galicia, percorrerá o sábado 6 de abril os principais espazos vinculados a Lorca nas súas viaxes a Galicia. Faranse diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos e se achegará información da vinculación dese espazo co autor.
O Código en fprofe para anotarse é G1802069.