As revistas científicas en educación e a sociedade do coñecemento
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Seminario nacional
O Grupo de Investigación ESCULCA, a Rede RIES (Rede Inmigración, Escola e Sociedade) e a Rede de Excelencia UIASC (Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento) organizan o vindeiro 26 de abril, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) de Santiago de Compostela, este seminario nacional co fin de acadar os seguintes obxectivos:
- Estudar a evolución das revistas científicas en educación, tanto no panorama nacional como internacional.
- Analizar os criterios de indexación das revistas no ámbito das ciencias sociais en xeral e da educación en particular.
- Examinar a lóxica dos índices e/ou factores de impacto no panorama educativo local e global.
- Avaliar o papel das revistas científicas en educación nunha sociedade do coñecemento que afecta á investigación educativa dentro e fóra da universidade.