As revistas científicas en educación e a sociedade do coñecemento
O Grupo de Investigación ESCULCA e a Rede RIES organizan o Seminario Nacional “As revistas científicas en educación e a sociedade do coñecemento". Os obxectivos que se formulan son os seguintes:
- Estudar a evolución das revistas científicas en educación, tanto no panorama nacional como internacional.
- Analizar os criterios de indexización das revistas no ámbito das ciencias sociais en xeral e da educación en particular.
- Examinar a lóxica dos factores de impacto no panorama educativo global.
- Avaliar o papel das revistas científicas en educación nunha sociedade do coñecemento que afecta á investigación educativa dentro e fóra da universidade.
O evento celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) de Santiago de Compostela o mércores 26 de abril de 2017. As prazas son limitadas.