Recoller a memoria oral desde a escola
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Experiencias e retos
Na xornada, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia, reflexionarase sobre o valor pedagóxico do traballo de recolla das manifestacións propias da oralidade popular e presentaranse algunhas experiencias desenvolvidas no ámbito educativo.
A presentación destas experiencias relevantes –pasadas e activas– dará paso a unha posta en común e debate ao redor dos retos que ten o actual alumnado de primaria e secundaria para recoller, desde a escola, a memoria oral dos seus maiores e das estratexias de aproveitamento e difusión deste rico patrimonio.
Celebrarase o xoves 9 de abril na sede do Consello.
A inscrición é gratuíta ata completar aforo (100 persoas) e cubrirase por rigorosa orde de inscrición.