O inglés como lingua de materias non lingüísticas
A embaixada eTwinning participará nesta Xornada que o CFR de Pontevedra e o CFR de Vigo están a organizar para os vindeiros 14 e 15 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O encontro está dirixido ao profesorado de inglés e a docentes que estean impartindo materias non lingüísticas en inglés tanto en seccións bilingües como en centros plurilingües.
Coa actividade preténdese aportar estratexias de integración curricular na ensinanza de linguas e contidos e aportar pistas sobre o papel do profesorado mentor en contextos plurilingües. Desenvolverase un programa de obradoiros, experiencias e conferencias, de xeito que estas xornadas servan tamén de foro de intercambio profesional.
As persoas interesadas deberán inscribirse na actividade que corresponda ao CFR do seu ámbito. Máis información en fprofe.