O ensino da Xeografía na educación secundaria
Data inicial
Data final
Lugar
Madrid
Actualización curricular e aplicacións didácticas das TIC
AGE (Asociación de Geógrafos Españoles) organiza este seminario de Xeografía que se celebrará nas instalacións da Universidade Carlos III de Madrid, en Xetafe, do 4 ao 6 de xullo de 2017.
Dirixido ao profesorado de ESO e Bacharelato, e aproveitando o décimo aniversario do curso, farase un repaso da evolución do ensino da Xeografía nos últimos anos combinando os aspectos máis prácticos e tecnolóxicos (recursos na web, ArcGIS Online, recursos do IGN) coa análise dos contidos curriculares e cuestións de actualidade da profesión docente de xeografía. Incluirase igualmente o intercambio de experiencias didácticas.