O coidado do benestar emocional da comunidade educativa
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza estas Xornadas presenciais, cunha duración de 10 horas, nas que se pretende acadar os seguintes obxectivos:
1. Sensibilizar sobre a importancia do coidado do benestar. Presentación da proposta.
2. Analizar e determinar as claves para o coidado do benestar da comunidade educativa en situacións adversas que impliquen a presenza de escenarios diferentes na atención educativa.
3. Ofrecer recursos para a aula para acompañar e coidar o benestar do alumnado nestas situacións.
Inscrición en fprofe (código G2002007).