Novas miradas sobre o patrimonio histórico-educativo
Data inicial
Data final
Lugar
Santander
Audiencias, narrativas e obxectos educativos
O CRIEME (Centro de Recursos, Interpretación e Estudos da Escola) e a SEPHE (Sociedade Española para o Estudo do Patrimonio Histórico-Educativo) organizan en Santander, do 22 ao 24 de marzo de 2023, as X Xornadas Científicas baixo o título “Novas miradas sobre o patrimonio histórico-educativo: audiencias, narrativas e obxectos educativos”.
Nesta ocasión, a SEPHE pretende centrarse naquelas novas formulacións que poidan ampliar o campo de actuación das institucións dedicadas a conservar e difundir o patrimonio histórico educativo co fin de que elas poidan servir de utilidade a colectivos diversos.