As guerras, o cambio climático e as necesidades laborais son detonantes dos riscos socio-educativos emerxentes do século XXI. Partindo destas realidades concretas, a UNED e a USC celebran na Facultade de Humanidades do campus de Lugo este primeiro congreso internacional co obxectivo de sensibilizar sobre os desencadenantes do novo risco social, da necesidade de formarse na súa prevención e da conveniencia de prepararse tecnicamente na súa xestión.