Menores e redes sociais
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Non hai benestar sen benestar dixital. Enfoques e desenfoques da prevención actual
O próximo martes 23 de xuño celebrarase esta xornada dirixida a:
- Profesionais da saúde e a educación, vencellados ao eido dos menores e/ou as conductas adictivas.
- Estudantes de Psicoloxía, Educación Social, Traballo Social, Mediciña ou calquera outra disciplina das Ciencias do Comportamente ou da Saúde.
- Pais, nais e cidadanía en xeral.
Os obxectivos que se pretenden acadar son:
- Servir de espazo de reflexión e diálogo sobre o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia.
- Proporcionar unha base de coñecemento sólida e baseada na evidencia científica para abordar esta problemática a nivel preventivo.
- Analizar o papel que as diferentes administracións e institucións poden asumir a curto e medio prazo.
Celebrarase no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da USC no marco do Proxecto Infancia dixital .
A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
palabras clave