Medios de comunicación e pensamento crítico
Medios de comunicación e pensamento crítico. Novas formas de interacción social é o tema do XXIV Simposio Internacional de Didáctica das Ciencias Sociais que se leva a cabo en Guadalaxara.
Os medios de comunicación, tradicionais ou de recente creación, están omnipresentes en todos os ámbitos e contextos e hai xa tempo que deixaron de ser meros transmisores de noticias para se converteren en xeradores de opinión.
Tamén no ámbito educativo teñen un protagonismo fundamental. Constitúen unha fonte de información, substitúen a escola e incluso a familia no proceso de socialización e ata é posible que cambien a forma de aprender, no sentido de que a aprendizaxe visual substitúe a verbal que, a pesar de todos os cambios, parece que segue sendo o que predomina nos centros educativos.
Por todo isto, non é conveniente, nin sequera posible, ignorar a presenza dos ditos medios. Ao contrario, o conveniente parece que debería ser integralos no ensino das ciencias sociais.
Máis información na web