A Asociación galega de profesorado de educación matemática (AGAPEMA) vén de convocar a actividade Matemáticas na Rúa 2026, que se celebrará o 15 de marzona Praza Maior de Lugo.
Nesta actividade, docentes e amantes das matemáticas sácanas fóra do contexto académico para levalas á rúa e achegalas ao público xeral, facéndoas atractivas e accesibles á cidadanía. Apóstase por un enfoque lúdico e festivo das matemáticas xerando un clima de lecer ao redor destas, que permite romper cos mitos que as rodean. Ademais, fomenta a colaboración interxeracional e de distintos niveis de formación.