Mapas emocionais na aula
O STEG organiza esta actividade formativa, de 20 horas de formación, dirixida a docentes de todas as ensinanzas, que se desenvolverá en rede desde o 23 de xaneiro ata o 5 de marzo de 2023.
OBXECTIVOS
- Proporcionar os coñecementos básicos para detectar de forma temperá os niveis de ansiedade e estrés no alumnado.
- Dotar de ferramentas para manter un nivel de estrés controlado na aula e reforzar a capacidade para xestionar estados de alteración emocional.
CONTIDOS:
1. As emocións e as súas formas de manifestación.
2. Contextos estresantes na adolescencia.
3. Ferramentas para a detección e intervención co alumnado: empatía, escoita activa, técnicas cognitivas de control emocional, etc.
4. Medo, tristeza, ansiedade... non apetecen, pero imos falar de perder o medo ás emocións con “mala fama”.
5. A empatía, o cordón emocional co noso alumnado.
Esta actividade está homologada con 8 horas de formación pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.
Data límite de inscrición: luns 16 de xaneiro.