Ludopedagoxía
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Intervención en espazos públicos
InteRed, unha ONG de Desenvolvemento que aposta por unha educación transformadora, organiza esta formación dinamizada polo colectivo zaragozano Trespiés, con gran experiencia no ámbito da ludopedogoxía. O evento, dirixido a persoal educador e público en xeral, celebrarase o venres 20 de setembro pola tarde e o sábado 21 todo o día. Na parte teórica abordaranse as posibilidades da ludopedagoxía como ferramenta de intervención social e prepararase unha proposta de participación cidadá seguindo as premisas desta lóxica metodolóxica. Tratarase pois, de usar as ferramentas propias da ludopedagoxía para incentivar á participación e mobilización social.
A inscrición está aberta ata o luns 16 de setembro.