IX Xornada de Onomástica Galega
Data inicial
Data final
Lugar
Pontevedra
Os outros nomes
As Xornadas de Onomástica Galega son unha iniciativa da Real Academia Galega desenvolvida coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.
O ceo, os animais ou a intelixencia artificial son algúns dos eidos nos que se centrará esta Xornada. O encontro, organizado polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, desenvolverase o sábado 19 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico antes do 16 de outubro a publicacions [at] academia.gal (publicacions[at]academia[dot]gal) cos datos que se indican no programa.