IV Congreso Internacional de Educación Inclusiva
A Universidade de Oviedo e o Centro UNESCO do Principado de Asturias organizan o IV Congreso Internacional de Educación Inclusiva que terá lugar na cidade de Oviedo entre o 3 e o 5 de abril de 2017. Nel presentaranse revisións teóricas, investigacións, estudos, experiencias ou prácticas innovadoras vinculadas aos eixos temáticos e que desenvolvan aspectos relacionados coa inclusión educativa como son convivencia, igualdade, situacións de vulnerabilidade, emprego inclusivo, responsabilidade social das organizacións, discapacidade, emprendemento social, familias, comunidades inclusivas, etc.
O Congreso combina relatorios, mesas redondas e paneis de comunicacións coa intención de favorecer o intercambio de experiencias e a aprendizaxe interprofesional, que se articulan nos seguintes eixos temáticos:
- Eixo 1. Políticas e formación docente inclusivas
- Eixo 2. Prácticas innovadoras inclusivas en Educación Infantil e Primaria
- Eixo 3. Prácticas innovadoras inclusivas en ESO, Bacharelato, FP e outras
- Eixo 4. Prácticas innovadoras inclusivas na universidade
- Eixo 5. Prácticas innovadoras inclusivas no ámbito social
- Eixo 6. Prácticas innovadoras inclusivas no ámbito laboral