Introdución á protección de datos
As estruturas de formación do profesorado organizan a actividade Introdución á protección de datos dirixida a equipos directivos e xefaturas de departamento de orientación. Consta de dúas sesións de 4 horas nas que se dará a coñecer o protocolo de protección de datos de carácter persoal que está preparando a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como a lexislación relacionada co tema que pode ser de interese para os centros educativos.
Estas sesións estarán impartidas por:
· Víctor Salgado Seguín, un dos maiores expertos a nivel nacional nesta materia. A súa sesión tratará da Lei orgánica de protección de datos e cuestións normativas xerais.
· Patricia Brión Cabanelas, xefa de servizo de Coordinación administrativa e apoio formativo, que abordará as orientacións e protocolos en materia de protección de datos que a Consellería está a poñer en marcha.
As xornadas impartiranse no CAFI e en todos os CFR, en horario de 17.00 a 21.00 h. coa seguinte temporización:
CAFI (cafi [at] edu.xunta.es (cafi[at]edu[dot]xunta[dot]es)): luns 19 de outubro e luns 26 de outubro.
CFR da Coruña (cfr.coruna [at] edu.xunta.es (cfr[dot]coruna[at]edu[dot]xunta[dot]es)): xoves 22 de outubro e martes 27 de outubro.
CFR de Ferrol (cfr.ferrol [at] edu.xunta.es (cfr[dot]ferrol[at]edu[dot]xunta[dot]es)): martes 27 de outubro e mércores 4 de novembro.
CFR de Lugo (cfr.lugo [at] edu.xunta.es (cfr[dot]lugo[at]edu[dot]xunta[dot]es)): luns 26 de outubro e martes 3 de novembro.
CFR de Ourense (cfr.ourense [at] edu.xunta.es (cfr[dot]ourense[at]edu[dot]xunta[dot]es)): mércores 4 de novembro (data provisional por confirmar) e luns 9 de novembro (data provisional por confirmar).
CFR de Pontevedra (cfr.pontevedra [at] edu.xunta.es (cfr[dot]pontevedra[at]edu[dot]xunta[dot]es)): martes 20 de outubro (esta sesión comezará ás 16:30 h.) e mércores 28 de outubro.
CFR de Vigo (cfr.vigo [at] edu.xunta.es (cfr[dot]vigo[at]edu[dot]xunta[dot]es)): mércores 28 de outubro e xoves 5 de novembro.
Para realizar a inscrición nesta actividade debe enviarse un correo ao centro de formación de referencia antes do luns 12 de outubro, indicando o DNI, nome e cargo das persoas interesadas.