Intelixencia artificial e educación
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Da comprensión técnica ao impacto humano
Dirixido ao profesorado de todos os niveis educativos, na terceira edición deste congreso, preténdese avanzar na temática cun enfoque máis práctico, a través do desenvolvemento de diversos obradoiros e conferencias.
O evento celebrarase o vindeiro 11 de abril no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
A data límite para as inscricións é o 6 de abril de 2026 a través de Fprofe (código da actividade G2514002).