InspiraTICS
Co título "A emoción de ensinar e de aprender", a quinta edición dos Encontros InspiraTICs para profesores, que terá lugar o próximo 18 de febreiro en horario de tarde, aspira a ser un foro no que se abordarán recursos dixitais e propostas pedagóxicas para aplicar na aula, tanto desde a perspectiva teórica como desde a práctica.
O encontro comezará coa conferencia "De que falamos cando decimos 'pedagoxías activas'?O alumno é o protagonista: só se aprende o que emociona, só se ensina o que seduce" a cargo do pedagogo e mestre Juanjo Vergara.
O programa da xornada continúa coa celebración de tres obradoiros simultáneos nos que os asistentes coñecerán diferentes experiencias didácticas novidosas que poderán levar ás súas aulas.
A inscrición para este V Encontro InspiraTICs está aberta ata o 16 de febreiro ás 19:00h.
Toda a información AQUÍ