InnovArt 2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organiza InnovArt 2025, evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia. Celebrarase os días 6 e 7 de febreiro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.
Trátase dunha ocasión para coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia a través de diferentes actividades de arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música.
Participan de forma activa os centros que imparten ensinanzas de réxime especial dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Os centros visitantes son centros de educación primaria, secundaria e formación profesional de Galicia. O acceso é de balde.
O horario de apertura será o xoves 6 de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 19.00 horas, e o venres 7 de 10.00h a 14.00h.