Innovando na aula de Educación Infantil
Data inicial
Data final
Lugar
Madrid
Congreso internacional
A Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEI-WAECE) está profundamente comprometida co logro dunha educación integral que estimule o potencial innato de aprendizaxe que posúen os nenos e o fortalecemento das súas intelixencias e competencias. Con ese obxectivo organiza este Congreso Internacional no que a innovación educativa supón o punto de partida para a exposición de todos os relatores, expertos nas diferentes estratexias metodolóxicas da aprendizaxe infantil. No evento presentaranse innovacións para o desenvolvemento da creatividade nos campos artísticos, a robótica, a aprendizaxe cooperativa, a lectoescritura ou o bilingüismo.
A actividade está recoñecida con tres créditos de formación do MECD.
Toda a información nesta ligazón