Innova FP Galicia
Data inicial
Data final
Lugar
Santiago de Compostela
Congreso de innovación na Formación Profesional
Este congreso, dirixido a profesorado de ensino secundario e profesorado técnico de formación profesional, ten como obxectivos:
- mellorar as estratexias e capacidades para xerar innovación nos centros de FP.
- destacar a actividade innovadora, tanto didáctica como tecnolóxica, que se xera a través do profesorado e alumnado de formación profesional e a transferencia deste coñecemento ao sector produtivo.
- coñecer a aprendizaxe en base a proxectos e a súa integración nos currículos da FP.
Celebrarase na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de febreiro de 2016,
Para inscribirse, acceder a fprofe (código da actividade G1502030). O prazo de inscrición remata o 18 de febreiro.